«A invisível unión de cada módulo, transparencia que invade as superficies no cristal elevado a teoría, fragmentando a visión das perspectivas, multiplicando os ángulos: como aquel dogma pop da imaxe múltiple, exaltación artística da industria, a distorsión de obxectos repetidos. Intuindo un deserto imposibel, soñado tras a liña dos bloques de edificios, ábrese unha cicatriz subconsciente na húmeda pel atlántica: labaradas de gris centroeuropeo coa súa pulsión suicida, co substrato de fondura telúrica no noso espírito neutro.
Esa navegación dos edificios e a onírica invasión das sombras vexetais: reconstruíndo o que a palmeira usurpa, o que os ollos non ven nos edificios, explorándolles as tripas lentamente. Aquí pode un sentirse ameazado pola perda total da identidade, que se acolle a outra esencia superior, opaca e violenta. Nos cosmos das paredes, as blasfemas urxentes que a man trema: declaracións de amor, miserias asumidas, furia escrita.
Inequivocamente humanas as cortinas. Símbolos persoais da súa existencia onde cecais o humano sexa algo accidental, forza maior. Intuíndo a derrota futura da simetría vendida polo tempo, a vellez asumida de materia.»
—Extracto do texto de Lois Pereiro «Polígono de Elviña: o frío edificado». Publicado orixinalmente no número 1 da revista La Naval, en marzo de 1985.
A serie «Unidade veciñal» de Tono Mejuto foi seleccionada para formar parte da exposición «Edita: secuencia/sentido» no CGAC de Santiago de Compostela, comisariada por Miguel von Hafe. 2015
Tono Mejuto
Tono Mejuto fórmase entre as escolas de Arquitectura da Coruña, Graz e Santiago de Chile e forma parte do grupo de acción-investigación urbana ergosfera. Paralelamente, no eido das artes visuais, asiste a diversos cursos impartidos por Jorge Ribalta, Isaki Lacuesta ou Xavier Ribas, entre outros. No 2012-13, cursa o Máster en Fotografía Blank Paper en Madrid e é seleccionado por Patrick Remy para a súa participación no festival Planche(s) Contact de fotografía de Deauville, ao que volvería como invitado na edición do 2014.
Ficha técnica
|
Ref: |
f.04 |
| Título: | Unidade Veciñal |
| Publicado: | 20/01/2015 |
| Tirada: | 500 |
| Numerado: | Si |
| Asinado | Si |
| Fotografías: | Tono Mejuto |
| Textos: | Andrés Fernández-Albalat |
|
Tradución inglés: |
Tom Mallet |
|
Idea editorial: |
Cibrán Rico Suso Vázquez |
|
Edición: |
Tono Mejuto |
| Deseño: | desescribir |
| Páxinas: | 56 |
| Tamaño: | 142 x 210 mm |
| Idioma: | Galego / Castelán / Inglés |
| Impresión: |
Offset
|
| Encadernación: | Cosido «singer» |
| Sobrecuberta: | Sensation Matt Tactile 170 g/m² |
| Tipografía: | Monotype Grotesk |
| Papeis: |
Ultimatt 115 g/m² Coloraction 80 g/m² |
| Imprenta: | Eurográficas |
| Encadernadora: | Legatoria |
| ISBN: | 978-84-940115-3-5 |
| Notas: | A producción deste libro contou co apoio de Antalis |