ENVÍO E DISTRIBUCIÓN

 

ENVÍO
Enviamos todos os nosos libros por mensaxería con número de seguimento. Intentamos que os envíos sexan realizados nun prazo máximo de dous días dende o momento da compra.
Só realizamos envíos a España e países da Unión Europea.
Se resides fóra da UE e estás interesado en adquirir algún dos nosos libros podes facelo a través de IDEA Books.

En Fabulatorio queremos que os libros chegen ao seu destino en óptimas condicións, por iso poñeremos todo o coidado na súa embalaxe para que así sexa. Se o contido do paquete que recibes chega en mal estado, contacta con nós e tentaremos aclarar co servizo de mensaxería o acontecido e atopar unha solución satisfactoria.

DISTRIBUCIÓN
Todos os libros editados por Fabulatorio poden adquirirse en liña a través de www.fabulatorio.com
Se eres unha libraría de España interesada en ter á venda os libros de Fabulatorio podes contactarnos a través do correo electrónico fabulatorio@gmail.com ou nos teléfonos +34 635 366 039 / +34 678 432 691.


Fabulatorio distribúe internacionalmente os seus libros a través de IDEA Books.