• Tapas Fotolibros Fundacion Seoane Fabulatorio
  • Tapas Fotolibros Fundacion Seoane Fabulatorio
  • Tapas Fotolibros Fundacion Seoane Fabulatorio
  • Tapas Fotolibros Fundacion Seoane Fabulatorio
  • Tapas Fotolibros Fundacion Seoane Fabulatorio
  • Tapas Fotolibros Fundacion Seoane Fabulatorio

Tapas 1
Unha parte de todo

Prezo ¥900

Na década dos 50, Luis Seoane publica en dous volumes, Libro de tapas (1953) e Segundo libro de tapas (1957), as cubertas que deseñara para a editorial Botella al mar, fundada en 1947 por Arturo Cuadrado e o propio Seoane. Nestas dúas publicacións, xunto con Figurando recuerdos, publicada polo selo Citania en 1959, que recollía as portadas elaboradas polo artista galego para a revista Galicia Emigrante, sintetízase a aportación de Seoane á época dourada da edición na Arxentina. A confluencia entre arte e deseño editorial, xunto co carácter recompilatorio que Luis Seoane transferiu a estes dous libros inspiran o proxecto TAPAS I. unha parte do todo, que reúne 94 traballos editoriais realizados por 76 creadores nacionais e internacionais, concibidos polos seus autores como pezas artísticas, nunha selección que inclúe obras dos galegos Rosendo Cid, Iván Nespereira, Jacobo Ameneiro e Xosé Lois Gutiérrez. A evolución do formato facilita deste xeito a construción da mensaxe que se quere trasmitir, reflectido nas descricións que galeristas, coleccionistas, artistas e particulares ofrecen dos seus libros, que se respectaron na exposición.

 

— Silvia Longueira e Jorge Blasco
Comisarios da mostra 


Ficha técnica 


Ref:

f.13 
Título: Tapas 1
Tirada: 300
Fotografías: Jesús Madriñán
Editores:

Silvia Longueira

Jorge Blasco

Idea editorial:

Silvia Longueira

Jorge Blasco

Cibrán Rico López

Suso Vázquez Gómez

Deseño: desescribir
Páxinas: 64
Tamaño: 350 x 570 mm
Idioma: Galego / Inglés / Castelán
Impresión: Rotativa
Sobrecuberta: Papago 250 g/m²
Papeis: Prensa 45 g/m²
Cuberta: Curious Matter Adiro Blue
Imprenta:

Galicia Editorial

Agencia Gráfica

ISBN: 978-84-124260-0-7
Notas: Este libro foi publicado co gallo da exposición «Tapas 1. Unha parte do todo» que tivo lugar na Fundación Seoane dentro da programación do festival de fotografía FFOCO do 6 de novembro do 2021 ao 5 de marzo do 2022.