• CaboSanRoque Fabulatorio
  • CaboSanRoque Fabulatorio
  • CaboSanRoque Fabulatorio
  • CaboSanRoque Fabulatorio
  • CaboSanRoque Fabulatorio
  • CaboSanRoque Fabulatorio
  • La cobla patafísica 2015-2001<br/>CaboSanRoque
  • CaboSanRoque Fabulatorio

La cobla patafísica 2015-2001
CaboSanRoque

Prezo $28.00

CaboSanRoque é un colectivo artístico/musical integrado na actualidade por Laia Torrents, enxeñeira industrial, e Roger Aixut, arquitecto. La cobla patafísica 2015-2001 é a primeira monografía publicada da súa obra. De inspiración patafísica, o traballo de CaboSanRoque desenvolveuse ao redor da construción de máquinas musicais e da exploración das súas capacidades expresivas, nun proceso de investigación continua sobre a xénese de sons por medios mecánicos e automatismos.

 

Editado por Moisés Puente, e con textos de Víctor Nubla, Pablo Martín Sánchez e unha entrevista a cargo de Pierre Bastien, o libro amosa un inventario exhaustivo de todas as máquinas sonoras producidas por CaboSanRoque, fotografadas en estudio para a ocasión por Inga Knölke. La cobla patafísica 2015-2001 inclúe, no interior da funda/cuberta, dous carteis de gran formato con toda a produción do colectivo ao longo dos últimos 15 anos.

   


Que son, ou que fan, exactamente, CaboSanRoque? Para algúns, CaboSanRoque é un grupo de música cunha larga traxectoria; para outros, son uns performers que, armados con diferentes artefactos, montan diversos espectáculos; e, finalmente, para os que contemplan as máquinas que fabrican sen ter presente as súas músicas, poderían considerar que estas son obras de arte.

 

Porén, podería engadirse unha outra cousa: CaboSanRoque son coleccionistas (patafísicos) de sons. As súas máquinas e espectáculos producen novos sons, que, como as coleccións de séculos pasados, oscilan entre a rareza e a beleza, entre a erudición e a curiosidade, e todo condensado nos seus particulares gabientes de coleccionista. Unha colección de sons significa entender a multiciplicidade do mundo sonoro, atopar un significado oculto e aprehender, no persoal, a magnitude do que é marabilloso ante a descuberta de cada novo son.

 

— Moisés Puente

 


Cabo San Roque


www.cabosanroque.com

 

CaboSanRoque naceu no 2001 como colectivo musical, tomando prestado o seu nome dun vello transatlántico. Actualmente está integrado por Laia Torrents (Barcelona, 1976), enxeñeira industrial, e Roger Aixut (Barcelona, 1975), arquitecto. Nos seus catorce anos de existencia, formaron parte de CaboSanRoque Pepe Seguí, Ramon Garriga, Alberto Mezquíriz, Núria Carrera, Carles Martínez-Almoyna, Josep Maria Fita, Oriol Luna e Guiu Llusà. CaboSanRoque ten colaborado cos artistas Pierre Bastien, Vinicio Caposela, Pascal Comelade, Carles Santos, Frederic Amat, Za! e Joan Saura.

 


Ficha técnica 


Ref:

f.05

Título:

CaboSanRoque

La cobla patafísica 2015–2001

Publicado: 24/02/2015
Tirada: 400
Fotografías: Inga Knölke

Textos: 

Moisés Puente

Víctor Nubla

Pablo Martín Sánchez

Pierre Bastien

Traducción inglés:

babeltraductors

Idea editorial:

Moisés Puente

Cibrán Rico

Suso Vázquez

Edición:

Moisés Puente

Deseño: desescribir
Páxinas: 176
Tamaño: 165 x 235 mm
Idioma: Inglés / Castelán
Impresión:
Offset (6 tintas)
Encadernación: Lomo visto con funda 
Tipografía:

Tiempos Text

Founders Grotesk

Plantin

Papeis:

Cyclus 90 g/m²

Gardapat Kiara 115 g/m²

Imprenta: Agencia Gráfica
Filmación: Masplanchas
Encadernadora: Legatoria
ISBN: 978-84-940115-4-2

Notas:

 

 

 

 

 

 


Este libro foi publicado co gallo da exposición «CaboSanRoque. La cobla patafísica 2015–2001» que tivo lugar no Arts Santa Mònica de Barcelona do 3 de marzo ao 12 de abril de 2015.