Eu non canto por cantar
Manuel Rico, Antón Santamarina
O cancioneiro popular de Galicia, transmitido dunha forma lúdica e recreadora nas festas familiares ou nas reunións de amigos, fixou cancións que permanecen na memoria colectiva vinculadas a estas situacións lúdicas.
Esta escolma está deseñada coa intención de recuperar unha parte deste cancioneiro para que valla de axuda á memoria dos que xa saben as cantigas ou de encontro con este signo de identidade cultural para os que lles resulten novas.
As cantigas desta escolma son aquelas que todo o mundo sabe e das que poucos se acordan cando un grupo se bota a cantar. Nese momento sacaremos do peto este libriño e concluiremos a xuntanza coa satisfacción de recrear letras e melodías creadas polo imaxinario colectivo.
· Cantos de ritmo libre: os alalás
· Cantos de labor
· Pandeiradas
· Muiñeiras novas
· Xotas
· Foliadas
· Cantigas que fan referencia a cantar, bailar, comer e beber
· Cantigas sobre o amor e as súas circunstancias
Manuel Rico
Manuel Rico (Boimorto, 1948). Desenvolve a súa actividade docente en Madrid, no País Vasco e, a partir de 1978, en Galicia, onde se implica directamente no proceso de normalización da lingua galega.
É autor de publicacións musicais como o Puff (1981), Cantares (1983) Cancioneiro popular das terras do Tamarela, Tantarantán, tarantán, tarantiña, Eu non canto por cantar, Heiche cantar un conto, Cantos de berce, etc.
Formou parte do grupo musical A Quenlla e actualmente dirixe un taller experimental de música tradicional publicando documentos sonoros, entre os que destacan A pulguiña e o pulgón, Cantares, Arrolín, arrolán, Vente vindo, ven cantando e Cantos de berce tradicionais e Eu ben vin, virivín.
A última publicación, Canto popular galego, de Luis María Fernández Espinosa é unha edición comentada que pretende rescatar a unha figura clave na historiografía dos cancioneiros galegos de tradición oral.
Antón Santamarina
Antón Santamarina (A Fonsagrada, 1942) membro da Real Academia Galega participou en numerosas obras colectivas fundamentais na fixación do estándar e na pescuda lexicográfica e etnolingüística galega. É o coautor con Manuel Rico desta escolma do Cancioneiro popular galego. Tamén é coautor dos sete tomos do Cancioneiro popular de Galicia, recollido e ordenado con Dorothé Schubarth. Eles dous fixeron agromar tempos novos para a lírica e a música de tradición oral que lles transmitiron os últimos informantes dunha sociedade galega de cambios abruptos vividos durante o século XX.
Antón asumiu como propio o proxecto de Dorothé e isto posibilitou ter agora entre as nosas mans o tesouro do Cancioneiro popular galego e un novo rexurdimento da lírica e da música de tradición oral en Galicia.
Ficha técnica
Ref: |
f.26 |
Título: |
Eu non canto por cantar |
Publicado: |
26/04/2025 |
Idioma: |
Galego |
Textos e partituras: |
Manuel Rico Antón Santamarina |
Tirada: |
300 |
Deseño: |
desescribir |
Ilustración cuberta: |
Miguel Ruíz |
Páxinas: |
160 |
Tamaño: |
105 x 160 mm |
Impresión: |
Ófset CMYK fluorescente
|
Encadernación: |
Tapa dura con lombo redondo |
Tipografía: |
Isaac Sans |
Imprenta: |
Agencia Gráfica |
Encadernadora: |
Legatoria |
ISBN: |
979-13-990100-0-8 |