• Paadin Fabulatorio Cedeira

Serigrafía Cedeira
Paadín

Prezo $29.00

Unha vista da vila de Cedeira dende o Camiño da Marabilla, exactamente nalgún punto da tradición no que se cruzan Urbano Lugrís e Otl Aicher. Impresa orixinalmente en offset no ano 2008. Revisada en 2018 e reeditada como serigrafía con catro tintas directas na súa edición actual.  


Paadín


Nacín en Ferrol. Estudei Belas Artes en Cuenca. Emigrei a Barcelona a traballar como deseñador e rematei facendo debuxos animados. Adoptáronme en Lamosca, un estudio de deseño como deus manda. Aprendín unha chea de cousas sen especializarme en ningunha. Traballei entre México e Barcelona por un tempo. Fixen fanzines. Fundei un museo (é unha maneira de falar). Toquei a batería (mal). A día de hoxe, dedícome ao deseño como axente libre, a dar clases en Elisava e a argallar con Serrucho.org 


Ficha técnica 


Ref:

f.10
Título: Cedeira
Publicado: 12/12/2019
Tirada: 200
Autor: José Manuel Pérez Paadín
Tamaño: 500 x 700 mm
Impresión: Serigrafría (4 tintas)
Papeis: Munken Lynx 240 g/m²