Bosque animado
Vari Caramés
Prezo
¥4,100
Prezo unidade
per
«La fraga recuperó de golpe su alma ingenua, en la que toda la ciencia consiste en saber que de cuanto se puede ver, hacer o pensar, sobre la tierra, lo más prodigioso, lo más profundo, lo más grave es esto: vivir».
El bosque animado
Wenceslao Fernández Flórez
«Temos que expoñer algún día xuntos», dicíalle a Ángeles. Ela respondía cun xesto: «Estás tolo. Concéntrate no teu». Este paseo pola Fraga de Cecebre (A Coruña), onde Wenceslao Fernández Flórez se inspirou para o seu libro El bosque animado, quere ser unha lembranza e unha homenaxe a aqueles momentos en que as luces e os soños nos rodean e rumorean coma as árbores da novela. Ángeles Sales pintou unha serie en que abrazaba as árbores con papeis. Fretábaos coas mans para que neles quedase a pegada da súa casca e despois coloreábaos con acuarelas. Titulouna Bosque, o noso bosque animado. Asinaba M. S.
Vari Caramés
«No me veo ni muy fotógrafo, ni muy pintor, ni muy artista, ni muy nada.
Estoy entre algo que me entretiene.»
Ferrol (A Coruña), 1953
Autodidacta. Aos nove anos trasládese a vivir a Coruña. Con quince anos o seu pai, artista amateur, regálalle unha cámara Voiglander totalmente manual que o fotografase os seus cadros, debuxos e pezas de ferro forxado.
Máis tarde emprega a fotografía como «chuleta» nos seus estudos de Arquitectura Técnica, que xamais rematou. Nunca pretendeu vivir da fotografía pero agora non pode vivir sen ela. Interésalle acadar que o cotián e o ordinario resulte extraordinario.
Procura evocar, suxerir e facer soñar ao espectador. Amante do intemporal e do indefinido. Aprende a acadar efectos nos defectos. Non lle interesan as modas e as tendencias. Emprega o B/N e a cor de xeito indistinto.
Cre que no mundo de hoxe falta poesía e que a tecnoloxía non debería poderlle ás emocións. É máis intuitivo que intelectual e cre que o azar e máis emocionante que a certeza.
Ficha técnica
Ref: |
f.18 |
Título: |
Bosque animado |
Publicado: | 12/02/2024 |
Tirada: | 1000 |
Fotografías: | Vari Caramés |
Imaxe sobrecuberta: |
Ángeles Sales Sen título (2013) Acuarela sobre papel 200 × 300 mm |
Dixitalización: |
AF Photolab |
Traducción inglés: |
Kate Major |
Revisión textos: | Patricia Buxán |
Idea editorial: |
Vari Caramés Cibrán Rico López Jesús Vázquez Gómez |
Deseño: | desescribir |
Páxinas: | 32 |
Tamaño: | 220 x 296 mm |
Idioma: | Galego / Inglés |
Impresión: | Ófset CMYK |
Encadernación: | Cosido Singer |
Tipografía: |
Chronicle Display
|
Papeis:
|
Arena Natural Rough 120 g/m² X-Per White 140 g/m² Favini Majestic 120 g/m² |
Impresión: | Agencia Gráfica |
Encadernación: | Legatoria |
ISBN: |
978-84-124260-4-5 |