• ABC Seoane Luis Seoane Piu Martinez Suso Vazquez Cibrán Rico desescribir

  • ABC Seoane<br/>Piu Martínez, Cibrán Rico, Suso Vázquez

ABC Seoane
Piu Martínez, Cibrán Rico, Suso Vázquez

Prezo ¥3,700

Os envíos comezarán a partir do mes de novembro

O universo infantil é inconmensurable, e os seus integrantes conforman unha nutrida comunidade lectora, ademais de formar parte do propio tecido da creación. As infancias e a arte son termos indisolublemente unidos, e a sensibilización polos temas artísticos, así como o desenvolvemento e a estimulación das capacidades creativas, inícianse desde idade temperá. As peculiaridades da ollada das infancias, o salvaxismo dos seus primeiros trazos e a experimentación coa cor e coa forma bañan as súas obras dunha alegría creadora que será perseguida por infinidade de artistas.

Moitos deles apropiáronse dos abecedarios —considerados unha das primeiras formas de libro infantil— como soporte de traballo, entendido este como un espazo de liberdade creativa capaz de absorber estilos gráficos heteroxéneos. Das súas achegas xorde unha sólida alianza que vincula de xeito estreito o libro infantil co libro de artista.

De Seoane aprendemos, entre outras moitas cousas, que o soporte no que un creador dá vida á súa obra non debe ser un condicionante, senón un amplificador indispensable para a expresión da súa propia liberdade creativa. Cubertas de libros, portadas de revistas, murais ou cerámicas son só algúns dos soportes que o artista galego empregou para narrarnos as súas inquietudes ao tempo que deixaba mostra do seu xenio. Este abecedario é vestixio da riqueza do seu facer como grafista e constatación do seu estilo singular.

—Piu Martínez

«ABC Seoane» é unha coedición entre a Fundación Luis Seoane e Fabulatorio.

Ficha técnica

Ref:

f.27

Título:

ABC Seoane

Ilustracións:

Luis Seoane / © Fundación Luis Seoane

Publicado:

15/10/2025

Idea:

Piu Martínez

Edición:

Piu Martínez

Cibrán Rico

Suso Vázquez

Idioma:

Galego

Tirada:

400

Deseño:

desescribir

Páxinas:

96

Tamaño:

165 x 235 mm

Impresión:

Ófset CMYK 

Papel:

Pergraphica

Fotografía:

Jesús Madriñán 

Xoán Piñón

Tipografía:

Ballast

Söhne

Imprenta:

Agencia Gráfica

Encadernadora:

Legatoria

ISBN:

979-13-990100-4-6