• Composteland Alvaro Valiño Fabulatorio

Serigrafía Composteland
Álvaro Valiño

Prezo $28.00

Álvaro Valiño


A Coruña, 1977

Máster en Deseño Gráfico polo London College of Communication. Traballa como deseñador, infografista e ilustrador freelance na Coruña, despois de facelo durante cinco anos en Washington DC onde tivo a oportunidade de colaborar con medios como National Geographic Magazine, The Washington Post, The Guardian a revista Science ou o Corriere della Sera, entre outros. Foi xefe de infografía do desaparecido diario Público e comezou a súa actividade profesional na sección de gráficos de La Voz de Galicia. O seu traballo ten sido recoñecido pola Society of News Design en 11 ocasións y obtivo 28 premios Malofiej, o galardón máis importante da infografía xornalística. Tamén foi galardoado en repetidas ocasións cos premios de deseño xornalístico ÑH. En 2011 foi recoñecido co premio Gràffica. 

Como docente, Álvaro Valiño ten impartido seminarios de gráficos informativos en Madrid, Nueva Delhi e Kuala Lumpur. Actualmente é profesor do Máster online de «Visualización de datos e diseño de la información» de Shifta, Elisava. O seu traballo de infografía foi publicado nos volumes Information Graphics e National Geographic Infographics de Taschen y Visual Storytelling de Gestalten.


Ficha técnica 


Ref:

f.17
Título: Composteland
Publicado: 25/07/2023
Tirada: 150
Numerado: Si
Autor: Alvaro Valiño
Tamaño: 500 x 700 mm
Impresión: Serigrafía
Papeis: Ófset 200 g/m²
Imprenta: Laconcongrelos