• Unidade Veciñal Tono Mejuto Fabulatorio

Unidade veciñal
Tono Mejuto

Prezo ¥2,300

«A invisível unión de cada módulo, transparencia que invade as superficies no cristal elevado a teoría, fragmentando a visión das perspectivas, multiplicando os ángulos: como aquel dogma pop da imaxe múltiple, exaltación artística da industria, a distorsión de obxectos repetidos. Intuindo un deserto imposibel, soñado tras a liña dos bloques de edificios, ábrese unha cicatriz subconsciente na húmeda pel atlántica: labaradas de gris centroeuropeo coa súa pulsión suicida, co substrato de fondura telúrica no noso espírito neutro.

 

Esa navegación dos edificios e a onírica invasión das sombras vexetais: reconstruíndo o que a palmeira usurpa, o que os ollos non ven nos edificios, explorándolles as tripas lentamente. Aquí pode un sentirse ameazado pola perda total da identidade, que se acolle a outra esencia superior, opaca e violenta. Nos cosmos das paredes, as blasfemas urxentes que a man trema: declaracións de amor, miserias asumidas, furia escrita.

 

Inequivocamente humanas as cortinas. Símbolos persoais da súa existencia onde cecais o humano sexa algo accidental, forza maior. Intuíndo a derrota futura da simetría vendida polo tempo, a vellez asumida de materia.»

 

—Extracto do texto de Lois Pereiro «Polígono de Elviña: o frío edificado». Publicado orixinalmente no número 1 da revista La Naval, en marzo de 1985.

 

  

A serie «Unidade veciñal» de Tono Mejuto foi seleccionada para formar parte da exposición «Edita: secuencia/sentido» no CGAC de Santiago de Compostela, comisariada por Miguel von Hafe. 2015

 


Tono Mejuto


Tono Mejuto fórmase entre as escolas de Arquitectura da Coruña, Graz e Santiago de Chile e forma parte do grupo de acción-investigación urbana ergosfera. Paralelamente, no eido das artes visuais, asiste a diversos cursos impartidos por Jorge Ribalta, Isaki Lacuesta ou Xavier Ribas, entre outros. No 2012-13, cursa o Máster en Fotografía Blank Paper en Madrid e é seleccionado por Patrick Remy para a súa participación no festival Planche(s) Contact de fotografía de Deauville, ao que volvería como invitado na edición do 2014.

 

Ficha técnica 


Ref:

f.04
Título: Unidade Veciñal
Publicado: 20/01/2015
Tirada: 500
Numerado: Si
Asinado Si
Fotografías: Tono Mejuto
Textos:  Andrés Fernández-Albalat

Tradución inglés:

Tom Mallet

Idea editorial:

Cibrán Rico

Suso Vázquez

Edición:

Tono Mejuto

Deseño: desescribir
Páxinas: 56
Tamaño: 142 x 210 mm
Idioma: Galego / Castelán / Inglés
Impresión:
Offset
Encadernación: Cosido «singer»
Sobrecuberta: Sensation Matt Tactile 170 g/m²
Tipografía: Monotype Grotesk
Papeis:

Ultimatt 115 g/m²

Coloraction 80 g/m²

Imprenta: Eurográficas
Encadernadora: Legatoria
ISBN: 978-84-940115-3-5
Notas: A producción deste libro contou co apoio de Antalis