Nacenza é o resultado editorial dun proxecto documental iniciado por Amador Lorenzo no ano 2014 co obxectivo de retratar a vida e os habitantes do Macizo Central de Queixa-Manzaneda acompañando a un veterinario rural no seu quefacer diario
O traballo de Amador Lorenzo propón un relato visual orixinal e contrario aos achegamentos nostálxicos e aos imaxinarios da renuncia tan habituais cando se retrata o mundo rural.
Nacenza é un libro onde habitan, sen xerarquía e sen apriorismos, a vida animal e a persoas, o abismo da natureza e a seguridade do refuxio, a resistencia da vida e a inexorabilidade da morte.
Curro da Mosenda é Nacenza son dous momentos da mesma historia; Nacenza é unha novela, o inabarcable, a vida enteira; Curro da Mosenda é un conto, hai un comezo e un remate definidos, pero o que acontece entre eses dous intres pode durar, tamén, toda unha vida.
Amador Lorenzo
Amador Lorenzo (Bueu, 1976) é Técnico Superior en Imaxe pola Escola de Imaxe e Son de A Coruña, con ampla experiencia en medios como El País (edición Galicia), Xornal de Galicia, Marca, Luzes e o Los Ángeles Times. Dende 2017 é codirector de FFoco, o Festival de Fotografía da Coruña, onde tamén comisariou exposicións destacadas como O Piano pola xanela (Fundación Luis Seoane, 2020) e Profundar (Lúa Ribeira).
No ámbito cinematográfico, traballou como fotógrafo fixo en producións como Matria, de Álvaro Gago, e O Corno, de Jaione Camborda. Foi gañador do Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado 2012 e finalista en certames como Descubrimientos PHotoESPAÑA 2014.
Entre as súas exposicións recentes destacan Dique de Abrigo (Fundación Luis Seoane, 2018), Un certo panorama (PHotoESPAÑA 2017, exhibida en varios países) e Un mundo que sofre baixo un manto de flores (Kiosco Alfonso, 2021). Autoeditou obras como Bolhao (2016) e Dique de Abrigo (2018).
Ficha técnica
Ref: | f.21 + f.22 |
Título: | Nacenza + Curro da Mosenda |
Publicado: | 14/12/2024 |
Tirada: | 300 |
Fotografías: | Amador Lorenzo |
Texto: | Manuel Jabois |
Traducción inglés: | Aoileann Judith Lyons |
Revisión e ortotipografía: | Patricia Buxán |
Edición: |
Amador Lorenzo Cibrán Rico López Jesús Vázquez Gómez |
Deseño: | desescribir |
Páxinas: | 120 + 24 |
Tamaño: | 245 x 273 mm |
Idioma: | Galego / Inglés |
Impresión: | Ófset (CMYK e Duotono) |
Encadernación: | Cartoné, estampación e cosido Singer |
Tipografía: |
Portrait
|
Papeis:
|
Gardapat Kiara 150 g/m² Gardapat Kiara 115 g/m² Materica Clay 180 g/m² |
Imprenta: | Agencia Gráfica |
Encadernadora: | Legatoria |
ISBN: |
978-84-124260-6-9 978-84-124260-7-6 |