• Simona Rota Instant VIllage Fabulatorio
  • Simona Rota Instant VIllage Fabulatorio
  • Simona Rota Instant VIllage Fabulatorio
  • Simona Rota Instant VIllage Fabulatorio
  • Simona Rota Instant VIllage Fabulatorio

Instant Village
Simona Rota

Prezo ¥3,400

Instant Village (en galego podería ser ‘vila instantánea’) confórmase como unha colección de antipostais que amosan imaxes alternativas e se callar opostas ás ficcións construídas e propagadas desde o márketing turístico derredor das illas Canarias. Á vez, confróntanse co imaxinario colectivo e coas miñas propias construcións mentais en relación coa categoría «illa» que, ademais, descansan a miúdo sobre lugares comúns do tipo: unha illa ten palmeiras, unha illa ten praias virxes, unha illa é un lugar de natureza exuberante, unha illa é evasión, unha illa é un edén, etcétera. Nas Canarias, quizá responden figurativamente a eses lugares comúns e confírenlles sentido aquelas zonas do territorio protexido, cos seus volcáns, palmeiras e praias, nas que non se pode construír. Porén, que acontece no resto do territorio, naquel que se nos deixa facer? Asumindo que a paisaxe construída é a paisaxe humana, unha codificación do que somos nun momento dado, daquela que é o que contan sobre nós, como sociedade no seu conxunto, as formas coas que a ocupamos? A serie é un ensaio fotográfico sobre este uso do territorio nas illas Canarias, unha contorna que, debido á súa case exclusiva dependencia económica do turismo, foi obxecto dunha presión crecente (desde a década de 1960 até a recente explosión da burbulla inmobiliaria) e que representa un tubo de ensaio perfecto para os problemas do Estado español no seu conxunto. Que o recurso máis valioso dunha illa sexa precisamente o máis limitado —o territorio— é un paradoxo dun tipo de desenvolvemento cuxo único propósito semella ser o beneficio inmediato e que creou unha corrosiva topografía da banalidade. 


Simona Rota


www.simonarota.es

 

Simona Rota (Mäcin, Rumania, 1979) é licenciada en Relacións Internacionais (2003) e licenciada en Ciencias Políticas en Bucarest e Barcelona. Tamén estudou fotografía (2010) en Madrid. Como fotógrafa está interesada en documentar paisaxes humanas, é dicir, paisaxes alteradas, habitadas e ocupadas. O seu traballo máis importante foi a documentación fotográfica para o Museo de Arquitectura de Viena sobre a arquitectura moderna soviética nas repúblicas ex soviéticas (2010–2012). É autora de dous libros de fotografía Missbehave (Vibok Works, 2013) e Ostalgia (Fabulatorio, 2013). Este último gañou o Premio D&AD In Book (Design & Art Direction, Reino Unido, 2014) e o Premio ao Mellor libro de Fotografía do Ano PHotoEspaña na categoría nacional (España, 2014). Amais, a serie Kursala, que inclúe o libro Ostalgia, gañou o Premio Gràffica (España, 2014). As súas fotografías foron amplamente publicadas e exhibidas no: Museo de Arquitectura de Munich – TUM, Fotocolectania, Kursala, Museo de Arquitectura de Viena, Stadtmuseum Graz, Museo de Arte Moderno de Medellín, Museo de Arte de Sebastopol, etc. 


Ficha técnica 


Ref:

f.11
Título: Instant Village
Publicado: 31/03/2020
Tirada: 300
Fotografías: Simona Rota
Textos: Simona Rota

Edición:

Cibrán Rico López

Suso Vázquez Gómez

Deseño: desescribir
Páxinas: 102
Tamaño: 165 x 224 mm
Idioma: Castelán / Inglés
Impresión:

Rotativa

Ófset /Serigrafía

Encadernación:

Cosido

Tapa dura

Tipografía: Portrait Family 
Imprenta:

Galicia Editorial

Agencia Gráfica

Encadernadora: Legatoria
ISBN: 978-84-940115-8-0