• Kleinigkeiten Cousiñas Maria Reimondez Fabulatorio
  • Kleinigkeiten Cousiñas Maria Reimondez Fabulatorio
  • Kleinigkeiten Cousiñas Maria Reimondez Fabulatorio
  • Kleinigkeiten Cousiñas Maria Reimondez Fabulatorio

kleinigkeiten/cousiñas
María Reimóndez

Prezo ¥2,700

o reverso das cousas pequenas

 

Se cadra foi no ano 2010 cando comecei a escribir os meus primeiros poemas en alemán, daquelas cunha única persoa como público. mais a miña estadía na casa de artistas Villa Waldberta en 2011, promovida polo Instituto Cervantes de Múnic e o Kultureferat do Concello de Múnic, deume sen dúbida a oportunidade de afondar na lingua que dende tanto tempo xa me habitaba. kleinigkeiten/cousiñas é o resultado deste proceso e ao tempo unha viaxe de reverso no que as traducións van no sentido contrario. cousiñas é un poemario escrito orixinalmente en alemán e que polo afecto espontáneo dos meus editores espellou inesperadamente na lingua galega, algo que inicialmente non era o seu obxectivo. traducir este libro resultou un proceso certamente peculiar porque a lingua na que escribimos determina o obxectivo da comunicación e kleinigkeiten/cousiñas foi escrito en alemán porque o seu obxectivo é tamén traer a outredade que o galego e eu mesma representamos á cerna dunha lingua e cultura central europea nunha especie de diálogo íntimo no que a lingua de poder se converte na lingua dos afectos e dos desafectos, do privado e do íntimo. e desta maneira se cadra transfórmase na máis política das linguas.

 

— María Reimóndez

 

María Reimóndez


www.mariareimondez.com

 

María Reimóndez Meilán naceu en Lugo e é tradutora e intérprete de profesión. O seu primeiro libro publicado é o poemario Moda Galega (Edicións Positivas, 2002) e no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con O Caderno de Bitácora (Edicións Positivas 2004). No ano 2005 quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Usha (Edicións Xerais, 2006) e do Xerais con O club da calceta (Xerais 2006), que foi galardoada co Premio San Clemente e que foi traducida ao italiano e o castelán, adaptada ao teatro por Teatro do Morcego e ao cine por Ficción Producciones.

 

Tamén ten publicados seis libros infantís sobre as comarcas galegas en Editorial Everest. En época máis recente publicou para o público infantil Lía e as zapatillas de deporte (Xerais 2008), Premio Frei Martín Sarmiento 2010 e O Monstro das palabras (Xerais 2009) e Pirata (Xerais 2009) e En vías de extinción (Xerais 2013) para público adulto. Reimóndez ten tamén unha longa carreira como tradutora literaria, sobre todo de literatura infantil con máis de doce títulos traducidos, ademais do poemario Teatriños de Erín Moure e a obra teatral Kvetch levada a escena por Teatro do Morcego . En 2011 publica Despois da medianoite da autora támil Salma. En 2009 recibiu o premio Plácido Castro de tradución pola súa versión de A historia de Mary Prince, unha escrava das Illas Occidentais. En 2011 veu a luz o seu primeiro volume como ensaísta en colaboración con Olga Castro no libro Feminismos que fai un percorrido ameno e divulgativo sobre os feminismos no mundo, xa en 2010 publicou un capítulo sobre a violencia simbólica contra as escritoras na crítica literaria en Galicia no volume Violencias visibles, violencias invisibles co Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias. (Icaría 2010). Tamén en 2010 foi escritora convidada na Universidade de Bangor (Gales, Reino Unido) onde impartiu diferentes conferencias sobre tradución, escrita e literatura, ademais de facer unha lectura de Pirata en Londres. Igualmente realizou estadías na Universidade de Stirling e na Universidade de Munic e en 2011 foi unha das escritoras admitidas no programa do Instituto Cervantes de Munic e na casa de escritoras/es Villa Waldberta


Ficha técnica 


Ref:

f.03

Título:

kleinigkeiten/cousiñas
Publicado: 17/10/2013
Tirada: 216
Numerado: Si
Asinado: Si
Autor: María Reimóndez
Idea editorial:

Cibrán Rico López

Suso Vázquez Gómez

Deseño: desescribir
Páxinas: 66
Tamaño: 140 x 210 mm
Idioma: Galego
Impresión:
Offset
(Técnica Iris con tintas planas fluorescentes)
Encadernación:
Rústica en bolsa fresada con lapelas
Tipografía: Fugue (Radim Pesko)
Papeis: Offset Print Speed 50 g/m²
Cuberta:
Offset Print Speed 135 g/m²
Imprenta: Gráficas Brial
Encadernadora: Legatoria
ISBN: 978-84-940115-2-8
Notas: A producción deste libro contou co apoio de Antalis.