Guillermo Monroy
«Guillermo Monroy (Vigo, 1954-1982) foi un daqueles artistas novos que, ao iniciarse a década dos oitenta, constituíron o grupo Atlántica, historia viva e núcleo fundacional do movemento que propiciou a máis radical renovación das prácticas artísticas na nosa comunidade, unha historia ante a que Guillermo permanecerá xa eternamente novo, tras o seu prematuro falecemento en 1982, antes de chegar a facer os trinta anos.
Unha vida truncada por un infortunado accidente que nos legou como contrapartida unha produción artística única e irrepetible. Nunha década de intenso traballo e dedicación plena á pintura, Guillermo Monroy desenvolverá un proxecto artístico de inusitada madureza e coherencia que parece desmentir a extrema xuventude do seu artífice. O seu legado está constituído por unha gran cantidade de lenzos e debuxos sobre papel, centenares de bosquexos e apuntamentos; pintura aplicada sobre toda clase de soportes: tea, papel, cartóns e embalaxes atopadas, coma se —sobre todo nos seus últimos anos— un escuro presentimento o empurrase cara a unha infatigable actividade creadora gobernada pola vontade de entregar a súa vida á pintura».
— Ángel Cerviño
Ficha técnica
Ref: |
|
|
Publicado: |
02/02/2023 |
|
Tirada: |
200 |
|
Autor: |
Guillermo Monroy |
|
Textos: |
|
|
Idea Editorial: |
Ángel Cerviño Luis Sirvent desescribir |
|
Deseño: |
desescribir |
|
Páxinas: |
68 |
|
Tamaño: |
220 x 280 mm |
|
Idioma: |
Galego |
|
Impresión: |
Ófset |
|
Encadernación: |
Rústica en bolsa con lapelas |
|
Tipografía: |
Signifier |
|
Papeis: |
Print Speed 70 - 120 g/m² Creator Matt 90 g/m² |
|
Imprenta: |
Agencia Gráfica |
|
Encadernadora: |
Casper |
|
ISBN: |
978-84-124260-2-1 |
|
Notas: |
Publicado en colaboración con SVT Espacio de Arte co apoio da Xunta de Galicia |