AVISO LEGAL E CONDICIÓNS DE USO
Fabulatorio ( integrado polas empresas “Cibrán Rico López” e Jesús Vázquez Gómez”) responsable do sitio web, en diante RESPONSABLE, pon á disposición dos usuarios o presente documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), así como informar a todos os usuarios do sitio web respecto de cales son as condicións de uso.
Toda persoa que acceda a este sitio web, que declara se maior de idade e con capacidade legal, ten a consideración de USUARIO, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación.
Fabulatorio reserva para si o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de avisar previamente ou poñer en coñecemento dos usuarios as devanditas obrigas, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web de www.fabulatorio.com.
1. DATOS IDENTIFICATIVOS
Nome de dominio: fabulatorio.com
Nome comercial: Fabulatorio
Denominación social: As empresas “Cibrán Rico López” e “Jesús Vázquez Gómez” son titulares desde sitio web compartido baixo a marca rexistrada Fabulatorio.
NIF: 34896535-S e 36142850-Y
Domicilio social: Rúa Hedras 4, 2ºP / 15895 Milladoiro-Ames ( A Coruña)
Teléfono: 635 366 039
Correo electrónico: fabulatorio@gmail.com
2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
O sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, incluíndo os deseños, logotipos, imaxes, texto e/ou gráficos, son propiedade do titular do sitio web ou, se é o caso, dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.
Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización requiren en todo caso da autorización escrita previa por parte de Fabulatorio.
Calquera uso non autorizado previamente considérase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.
Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos a Fabulatorio e que puidesen aparecer no sitio web pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible controversia que puidese suscitarse respecto destes.
O Responsable autoriza expresamente a que terceiros poidan redirixir directamente aos contidos concretos do sitio web, e en todo caso redirixir ao sitio web principal de fabulatorio.com. Nese caso recoñécese a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, non implicando a súa soa mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha sobre estes, como tampouco apoio, patrocinio ou recomendación por parte de Fabulatorio.
Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico fabulatorio@gmail.com
3. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADES
Fabulatorio está exento de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web sempre que non teña coñecemento efectivo de que esta información foi manipulada ou introducida por un terceiro alleo a ela ou, se a ten, actuou con dilixencia para retirar os datos ou facer imposible o acceso a eles.
Uso de Cookies
Este sitio web pode utilizar cookies técnicas para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio. As cookies utilizadas teñen, en todo caso, carácter temporal, coa única finalidade de facer máis eficaz a navegación, recoñecer o idioma de acceso consideradas esenciais. En ningún caso, estas cookies proporcionan por si mesmas datos de carácter persoal e non se utilizarán para a recollida destes.
Mediante o uso de cookies tamén é posible que o servidor onde se atopa a web recoñeza o navegador utilizado polo usuario coa finalidade de que a navegación sexa máis sinxela, permitindo, por exemplo, o acceso dos usuarios, medir a audiencia, parámetros de tráfico, controlar o progreso e número de entradas, etc., sendo nestes casos cookies prescindibles tecnicamente, pero beneficiosas para o usuario.
Asimesmo tamén poden empregarse cookies analíticas, para habilitar a función de control de visitas únicas.
No inicio da visita o Usuario é informado do uso destas cookies mediante un báner flotante, en todo caso este sitio web non instalará cookies prescindibles sen o consentimento previo do usuario, que ten a posibilidade de xestionalo en calquera momento premendo o icono situado na banda da web. Pode obter máis información consultando a Política de cookies.
Política de ligazóns
Desde o sitio web, é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web, tales como, a título enunciativo non limitativo, redes sociais ou plataformas de comercio online. Dado que o Responsable non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus respectivos sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto dos devanditos contidos. En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á súa retirada inmediata do devandito espazo, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.
Fabulatorio non se fai responsable da información e contidos almacenados en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente. Non obstante, e en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSICE, ponse á disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, se é o caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, rógase que o notifique de forma inmediata ao administrador do sitio web a través dos medios de contacto recollidos neste aviso.
Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Non obstante, Fabulatorio non descarta a posibilidade de que existan certos erros, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.
Enderezos IP
Os servidores do sitio web poderán detectar de maneira automática o enderezo IP e o nome de dominio utilizados polo usuario. Un enderezo IP é un número asignado automaticamente a un ordenador cando este se conecta a Internet. Toda esta información poderá ser rexistrada para o seu posterior procesamento co fin de obter medicións unicamente estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servidores web, a orde de visitas, o punto de acceso, etc.
4. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais do domicilio do lugar de cumprimento da obriga.