• A Coruña<br/>Álvaro Valiño
  • A Coruña<br/>Álvaro Valiño

A Coruña
Álvaro Valiño

Prezo 20€

Reserva unha serigrafía 
Os envíos comezarán a partir do 30/11/2026


Álvaro Valiño


A Coruña, 1977

Máster en Deseño Gráfico polo London College of Communication. Traballa como deseñador, infografista e ilustrador freelance na Coruña, despois de facelo durante cinco anos en Washington DC onde tivo a oportunidade de colaborar con medios como National Geographic Magazine, The Washington Post, The Guardian a revista Science ou o Corriere della Sera, entre outros. Foi xefe de infografía do desaparecido diario Público e comezou a súa actividade profesional na sección de gráficos de La Voz de Galicia. O seu traballo ten sido recoñecido pola Society of News Design en 11 ocasións y obtivo 28 premios Malofiej, o galardón máis importante da infografía xornalística. Tamén foi galardoado en repetidas ocasións cos premios de deseño xornalístico ÑH. En 2011 foi recoñecido co premio Gràffica. No ano 2026 foi finalista no Pulitzer por un traballo sobre inmigración no Washington Post.

Como docente, Álvaro Valiño ten impartido seminarios de gráficos informativos en Madrid, Nueva Delhi e Kuala Lumpur. Foi profesor do Máster online de «Visualización de datos e diseño de la información» de Shifta, Elisava. O seu traballo de infografía foi publicado nos volumes Information Graphics e National Geographic Infographics de Taschen y Visual Storytelling de Gestalten. 


Ficha técnica 


Ref:

f.31
Título: Coruña
Publicado: 16/11/2026
Autor: Alvaro Valiño
Tamaño: 210 x 297 mm
Impresión: Serigrafía
Tintas Pantone Metálico / Fluor
Papeis: Arena Natural Rough 300 g/m²
Imprenta: Laconcongrelos