• Composteland Alvaro Valiño Fabulatorio

Serigrafía Composteland
Álvaro Valiño

Prezo 25€

Composteland

 

Álvaro Valiño

 

Serigrafía COMPOSTELAND

 

 

Álvaro Valiño

 

 

A Coruña, 1977

Máster en Deseño Gráfico polo London College of Communication.

Traballa como deseñador, infografista e ilustrador freelance na Coruña, despois de facelo durante cinco anos en Washington DC onde tivo a oportunidade de colaborar con medios como National Geographic Magazine, The Washington Post, The Guardian a revista Science ou o Corriere della Sera, entre outros.
Foi xefe de infografía do desaparecido diario Público e comezou a súa actividade profesional na sección de gráficos de La Voz de Galicia.

O seu traballo ten sido recoñecido pola Society of News Design en 11 ocasións y obtivo 28 premios Malofiej, o galardón máis importante da infografía xornalística. Tamén foi galardoado en repetidas ocasións cos premios de deseño xornalístico ÑH. En 2011 foi recoñecido co premio Gràffica.

Como docente, Álvaro Valiño ten impartido seminarios de gráficos informativos en Madrid, Nueva Delhi e Kuala Lumpur. Actualmente é profesor do Máster online de «Visualización de datos e diseño de la información» de Shifta, Elisava. O seu traballo de infografía foi publicado nos volumes Information Graphics e National Geographic Infographics de Taschen y Visual Storytelling de Gestalten.

  


Datos técnicos

 

 

Ficha
Ref: f.17
Título: Composteland
Publicado: 25/07/2023
Tirada: 150
Numerado: Si
Autor: Alvaro Valiño

Tamaño:

500x700 mm
Impresión: Serigrafía
Papeis: Ófset 200 g
Imprenta: Laconcongrelos