• Amador Lorenzo Nacenza Fabulatorio
  • Amador Lorenzo Nacenza Fabulatorio
  • Amador Lorenzo Nacenza Fabulatorio
  • Amador Lorenzo Nacenza Fabulatorio
  • Nacenza <br/> Amador Lorenzo
  • Nacenza <br/> Amador Lorenzo
  • Amador Lorenzo Nacenza Fabulatorio
  • Amador Lorenzo Nacenza Fabulatorio
  • Amador Lorenzo Nacenza Fabulatorio
  • Amador Lorenzo Nacenza Fabulatorio

Nacenza
Amador Lorenzo

Prezo 40€

(Envíos a partir do 16.12.2024)


«Nace ao pé do Cenza… e non morre aquí» 
— Alexandra Pacheco 

«[…] Ese silencio que parece sentirse en Nacenza é o silencio do parto antes de que todo estoupe, antes do berro primeiro: sempre hai un berro, e sempre hai quen o provoca.» 
— Manuel Jabois


Nacenza é o resultado editorial dun proxecto documental iniciado por Amador Lorenzo no ano 2014 co obxectivo de retratar a vida e os habitantes do Macizo Central de Queixa-Manzaneda acompañando a un veterinario rural no seu quefacer diario.


O traballo de Amador Lorenzo propón un relato visual orixinal e contrario aos achegamentos nostálxicos e aos imaxinarios da renuncia tan habituais cando se retrata o mundo rural.


Nacenza é un libro onde habitan, sen xerarquía e sen apriorismos, a vida animal e a persoas, o abismo da natureza e a seguridade do refuxio, a resistencia da vida e a inexorabilidade da morte.



Amador Lorenzo


Amador Lorenzo (Bueu, 1976) é Técnico Superior en Imaxe pola Escola de Imaxe e Son de A Coruña, con ampla experiencia en medios como El País (edición Galicia), Xornal de Galicia, Marca, Luzes e o Los Ángeles Times. Dende 2017 é codirector de FFoco, o Festival de Fotografía da Coruña, onde tamén comisariou exposicións destacadas como O Piano pola xanela (Fundación Luis Seoane, 2020) e Profundar (Lúa Ribeira).


No ámbito cinematográfico, traballou como fotógrafo fixo en producións como Matria, de Álvaro Gago, e O Corno, de Jaione Camborda. Foi gañador do Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado 2012 e finalista en certames como Descubrimientos PHotoESPAÑA 2014.


Entre as súas exposicións recentes destacan Dique de Abrigo (Fundación Luis Seoane, 2018), Un certo panorama (PHotoESPAÑA 2017, exhibida en varios países) e Un mundo que sofre baixo un manto de flores (Kiosco Alfonso, 2021). Autoeditou obras como Bolhao (2016) e Dique de Abrigo (2018).


Ficha técnica

Ref: f.21 
Título: Nacenza
Publicado: 14/12/2024
Tirada: 300
Fotografías: Amador Lorenzo
Texto: Manuel Jabois
Traducción inglés: Aoileann Judith Lyons
Revisión e ortotipografía: Patricia Buxán
Edición:

Amador Lorenzo

Cibrán Rico López

Jesús Vázquez Gómez

Deseño: desescribir
Páxinas: 120
Tamaño: 245 x 273 mm
Idioma: Galego / Inglés
Impresión: Ófset (CMYK e Duotono)
Encadernación: Cartoné e estampación
Tipografía:
Portrait

Papeis:

 

Gardapat Kiara 150 g/m²

Materica Clay 180 g/m²

Imprenta: Agencia Gráfica
Encadernadora: Legatoria
ISBN:

978-84-124260-6-9