Premios e recoñecementos
· Laus Oro. Book design. ADG-FAD. 2019
· Libro Finalista PHotoEspaña 2019
· Nominado nos premios europeos ADC*E Awards
«Cada mirada escolle a súa paisaxe»
—Mario Benedetti
As lembranzas son sempre borrrosas, imprecisas, evanescentes… Tal vez a fotografía sexa unha boa maneira de fixalos, de reter algún momento para poder contemplar, mirar…
Vari Caramés
Ferrol (A Coruña), 1953
Autodidacta. Aos nove anos trasládese a vivir a Coruña. Con quince anos o seu pai, artista amateur, regálalle unha cámara Voiglander totalmente manual que o fotografase os seus cadros, debuxos e pezas de ferro forxado.
Máis tarde emprega a fotografía como «chuleta» nos seus estudos de Arquitectura Técnica, que xamais rematou. Nunca pretendeu vivir da fotografía pero agora non pode vivir sen ela. Interésalle acadar que o cotián e o ordinario resulte extraordinario.
Procura evocar, suxerir e facer soñar ao espectador. Amante do intemporal e do indefinido. Aprende a acadar efectos nos defectos. Non lle interesan as modas e as tendencias. Emprega o B/N e a cor de xeito indistinto.
Cre que no mundo de hoxe falta poesía e que a tecnoloxía non debería poderlle ás emocións. É máis intuitivo que intelectual e cre que o azar e máis emocionante que a certeza.
Lugares Sonoros
Música creada e interpretada por:
Fito Ares (Flauta alto)
Chefa Alonso (Percusión miúda)
Ficha técnica
Ref: |
f.09 |
Título: | Lugares |
Publicado: | 08/10/2018 |
Tirada: | 500 |
Fotografías: | Vari Caramés |
Textos: |
Miguel Ángel Fernández Cid
Vari Caramés
|
Edición: |
Cibrán Rico López Jesús Vázquez Gómez |
Deseño: | desescribir |
Páxinas: | 80 |
Tamaño: | 220 x 296 mm |
Idioma: | Galego / Inglés |
Impresión: | Offset |
Encadernación: | Cosido Singer |
Tipografía: | Chronicle Display |
Papeis: |
Munken Print 2.0 90 g/m² Papel seda 17 g/m² |
Cuberta: | Pergamenata Bianco 110 g/m² |
Imprenta: | Agencia Gráfica |
Filmación: | Masplanchas |
Encadernadora: | Legatoria |
ISBN: | 978-84-940115-7-3 |