Recoñecementos
- Seleccionado Spanish Pavilion, 19th Venice Architecture Biennale, 2025
- Nominado Mies Van der Rohe (EUmies Awards), 2022
- Premio Arquitectura Española CSCAE, 2021
- Premio XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU), 2021
- Finalista Premios FAD de Arquitectura e Interiorismo, 2021
Colección Egoin
A colección Egoin de libros de arquitectura recolle destacadas obras de arquitectura construídas con madeira estrutural. A edición de cada libro pretende abordar o proxecto como unha narración: desde as ideas e os conceptos iniciais ata a súa materialización. Dúas voces —a dun texto crítico e a propia dos autores— percorren o proceso, os cambios e o resultado da colaboración entre clientes, profesionais e provedores, co fin de comprender de onde xorden as decisións, as distintas fases e a complexidade técnica e intelectual dunha obra. Bosquexos, planos, fotografías e esquemas acompañan o discurso destas dúas voces narrativas.