• Eu non canto por cantar Fabulatorio Manuel Rico Anton Santamarina
  • Eu non canto por cantar Fabulatorio Manuel Rico Anton Santamarina
  • Eu non canto por cantar Fabulatorio Manuel Rico Anton Santamarina
  • Eu non canto por cantar Fabulatorio Manuel Rico Anton Santamarina
  • Eu non canto por cantar Fabulatorio Manuel Rico Anton Santamarina
  • Eu non canto por cantar Fabulatorio Manuel Rico Anton Santamarina

Eu non canto por cantar
Manuel Rico, Antón Santamarina

Prezo 20€

O cancioneiro popular de Galicia, transmitido dunha forma lúdica e recreadora nas festas familiares ou nas reunións de amigos, fixou cancións que permanecen na memoria colectiva vinculadas a estas situacións lúdicas.
Esta escolma  está deseñada coa intención de recuperar unha parte deste cancioneiro para que valla de axuda á memoria dos que xa saben as cantigas ou de encontro con este signo de identidade cultural para os que lles resulten novas.
As cantigas desta escolma son aquelas que todo o mundo sabe e das que poucos se acordan cando un grupo se bota a cantar. Nese momento sacaremos do peto este libriño e concluiremos a xuntanza coa satisfacción de recrear letras e melodías creadas polo imaxinario colectivo.


Índice

Limiar 
Bibliografía
Capítulo I
· Cantos de ritmo libre: os alalás
Capítulo II
· Cantos de labor
Capítulo III
· Pandeiradas
Capítulo IV
· Muiñeiras novas
Capítulo V
· Xotas
Capítulo VI
· Foliadas
Capítulo VII
· Cantigas que fan referencia a cantar, bailar, comer e beber
Capítulo VIII
· Cantigas sobre o amor e as súas circunstancias

 


Manuel Rico

Manuel Rico (Boimorto, 1948). Desenvolve a súa actividade docente en Madrid, no País Vasco e, a partir de 1978, en Galicia, onde se implica directamente no proceso de normalización da lingua galega. 
É autor de publicacións musicais como o Puff (1981), Cantares (1983) Cancioneiro popular das terras do Tamarela, Tantarantán, tarantán, tarantiña, Eu non canto por cantar, Heiche cantar un conto, Cantos de berce, etc.
Formou parte do grupo musical A Quenlla e actualmente dirixe un taller experimental de música tradicional  publicando documentos sonoros, entre os que destacan A pulguiña e o pulgón, Cantares, Arrolín, arrolán, Vente vindo, ven cantando e Cantos de berce tradicionais e Eu ben vin, virivín. 
A última publicación, Canto popular galego, de Luis María Fernández Espinosa é unha edición comentada que pretende rescatar a unha figura clave na historiografía dos cancioneiros galegos de tradición oral.



Antón Santamarina

Antón Santamarina (A Fonsagrada, 1942) membro da Real Academia Galega participou en numerosas obras colectivas fundamentais na fixación do estándar e na pescuda lexicográfica e etnolingüística galega. É o coautor con Manuel Rico desta escolma do Cancioneiro popular galego. Tamén é coautor dos sete tomos do Cancioneiro popular de Galicia, recollido e ordenado con Dorothé Schubarth. Eles dous fixeron agromar tempos novos para a lírica e a música de tradición oral que lles transmitiron os últimos informantes dunha sociedade galega de cambios abruptos vividos durante o século XX.
Antón asumiu como propio o proxecto de Dorothé e isto posibilitou ter agora entre as nosas mans o tesouro do Cancioneiro popular galego e un novo rexurdimento da lírica e da música de tradición oral en Galicia.


Ficha técnica

Ref:

f.26

Título:

Eu non canto por cantar

Publicado:

26/04/2025

Idioma:

Galego

Textos e partituras:

Manuel Rico

Antón Santamarina

Tirada:

300

Deseño:

desescribir

Ilustración cuberta:

Miguel Ruíz

Páxinas:

160

Tamaño:

105 x 160 mm

Impresión:

Ófset CMYK fluorescente

Encadernación:

Tapa dura con lombo redondo

Tipografía:

Isaac Sans

Imprenta:

Agencia Gráfica

Encadernadora:

Legatoria

ISBN:

979-13-990100-0-8