Na década dos 50, Luis Seoane publica en dous volumes, Libro de tapas (1953) e Segundo libro de tapas (1957), as cubertas que deseñara para a editorial Botella al mar, fundada en 1947 por Arturo Cuadrado e o propio Seoane. Nestas dúas publicacións, xunto con Figurando recuerdos, publicada polo selo Citania en 1959, que recollía as portadas elaboradas polo artista galego para a revista Galicia Emigrante, sintetízase a aportación de Seoane á época dourada da edición na Arxentina. A confluencia entre arte e deseño editorial, xunto co carácter recompilatorio que Luis Seoane transferiu a estes dous libros inspiran o proxecto TAPAS I. unha parte do todo, que reúne 94 traballos editoriais realizados por 76 creadores nacionais e internacionais, concibidos polos seus autores como pezas artísticas, nunha selección que inclúe obras dos galegos Rosendo Cid, Iván Nespereira, Jacobo Ameneiro e Xosé Lois Gutiérrez. A evolución do formato facilita deste xeito a construción da mensaxe que se quere trasmitir, reflectido nas descricións que galeristas, coleccionistas, artistas e particulares ofrecen dos seus libros, que se respectaron na exposición.
— Silvia Longueira e Jorge Blasco
Comisarios da mostra
Ficha técnica
Ref: |
f.13 |
Título: | Tapas 1 |
Tirada: | 300 |
Fotografías: | Jesús Madriñán |
Editores: |
Silvia Longueira Jorge Blasco |
Idea editorial: |
Silvia Longueira Jorge Blasco Cibrán Rico López Suso Vázquez Gómez |
Deseño: | desescribir |
Páxinas: | 64 |
Tamaño: | 350 x 570 mm |
Idioma: | Galego / Inglés / Castelán |
Impresión: | Rotativa |
Sobrecuberta: | Papago 250 g/m² |
Papeis: | Prensa 45 g/m² |
Cuberta: | Curious Matter Adiro Blue |
Imprenta: |
Galicia Editorial Agencia Gráfica |
ISBN: | 978-84-124260-0-7 |
Notas: | Este libro foi publicado co gallo da exposición «Tapas 1. Unha parte do todo» que tivo lugar na Fundación Seoane dentro da programación do festival de fotografía FFOCO do 6 de novembro do 2021 ao 5 de marzo do 2022. |