• Ostalgia Simona Rota Fabulatorio Photobook
  • Ostalgia Simona Rota Fabulatorio Photobook
  • Ostalgia Simona Rota Fabulatorio Photobook
  • Ostalgia Simona Rota Fabulatorio Photobook
  • Ostalgia Simona Rota Fabulatorio Photobook
  • Ostalgia Simona Rota Fabulatorio Photobook
  • Ostalgia Simona Rota Fabulatorio Photobook

Ostalgia
Simona Rota

Prezo 25€

Premios e recoñecementos


· PHotoEspaña 2014
Mellor libro de fotografía categoría nacional
· D&AD (Design and Art Direction Awards). Londres. 2014
Wood Pencil Award. Entire Book. 2014
· ICP (International Center of Photography) New York
Best ten books of the year


Exposicións


· Libros que son fotos, fotos que son libros. MNCARS. Madrid. 2013
· F Book Show. Tokio. 2013
· Fotollibres Aquí i ara. Fundación FotoColectania. Barcelona


 

Ost ['ᴐst], alemán, substantivo: Leste

Algos [álgos], grego antigo, substantivo: dor

Ostalgia é unha serie fotográfica que desenvolvín durante máis de dous anos e que xurdiu a raíz dun traballo de documentación para o Architekturzentrum de Viena. Como fotógrafa formaba parte dun grupo de investigación coordinado polo centro cuxa misión consistía en localizar, rescatar e estudar os arquivos relacionados coa arquitectura promovida pola antiga Unión Soviética nas súas quince repúblicas desde 1960 a 1990; o proxecto recibiu o nome de Soviet Modernism. A serie constrúese como un catálogo subxectivo de edificios monumentais que semellan testemuñar heroicas intencións dun pasado, pero que chegan ata o presente destilando certo optimismo erosionado e certa decepción. Construídos para seren iconas do triunfo e do progreso, foron cómplices da propaganda política dentro da dinámica lexitimadora dun réxime totalitario: casas da cultura dos sindicatos, casas de cultura dos pioneiros socialistas, pazos dos obreiros, pazos de Lenin, circos e pazos de deportes, museos e mausoleos…

 

[...] «Ninguén podía confíar en ningúen», son as palabras que meu pai, Teodor Kurz, utiliza a miúdo para describir a atmosfera que impregnaba o día a día na República Socialista Rumana (RSR). Nembargantes, as fotografías que el tomou na Rumanía das décadas de 1970 e 1980 transmiten algo moi diferente á desconfianza; transmiten mesmo felicidade. Cálidas e con cores vivas, mostran xentes que semellan vivir unha vida de benestar. Dentro do ritmo monótono no que discorre Ostalgia, os fragmentos que tirei do arquivo fotográfico do meu pai, que a súa vez forman parte da miña biografía, irrompen cun ritmo distinto, vivo. Cal dos dous ritmos é o ruído e cal é a música? De verdade que eramos felices, pai? Ou, pola contra, mimamos todos unha ficción do benestar? Pódese ser feliz sen liberdade? Pode darse unha vida privada chea en ausencia de vida pública? Pode alguén ser feliz aínda sabéndose rodeado de límites, mentiras e ameazas? Que pasaría se non existira a Revolución Rumana e eu seguira vivindo nun sistema pechado? Podería chegar a ser feliz? Boto de menos vivir na RSR? Botamos de menos a URSS?

 

— Simona Rota

 

 

 


Simona Rota


www.simonarota.es

 

Simona Rota (Rumanía, 1979) estuda Ciencias Políticas en Bucarest e Barcelona e Fotografía en Madrid. Durante os estudos, escribe e colabora con revistas de ciencias políticas en Bucarest: Studia Politica e Revista de Politica Internacional. Despois dos estudos trasládase a Tenerife, onde, durante cinco anos, traballa como Office Manager no estudio de arquitectura de Fernando Menis e ao mesmo tempo, como freelance, coordina proxectos de produción cultural. Máis tarde trasládase a Madrid e comeza a traballar independentemente como consultora de comunicación para Menis Arquitectos, Miralles+Tagliabue Arquitectos e Office for Strategic Spaces.

 

Como fotógrafa profesional, o seu traballo máis importante foi unha misión de documentación fotográfica para o Museo de Arquitectura de Viena sobre a arquitectura moderna soviética nas repúblicas ex soviéticas (2010–2012). Premiada no Festival Emergent – Pati de la Llotja (2011), finalista no Premio Purificación García (2012) e seleccionada en PhotoEspaña Descubrimientos (2012), ten exposto, entre outros lugares, na Kursala (Cádiz, 2013), no Museo de Arte de Sebastopol (Ucrania, 2012), no StadtMuseum de Graz (Austria, 2012), no Architektur Zentrum Wien (Austria, 2009, 2012), no Museo de Arte Moderno de Medellín (Colombia, 2010), no CdC – Museo del Traje (Madrid, 2012). A súa obra foi seleccionada e amosada no Art Week Vienna 12, SCAN 12, Bienal Fotonoviembre 11, etc. No 2013 publícanse o fotolibro Ostalgia (Fabulatorio – Kursala) e o libro Missbehave (Vibok Works – Book.a) 


Ficha técnica 


Ref:

f.02
Título: Ostalgia
Publicado: 15/05/2013
Tirada: 200
Asinado: Si
Fotografías: Simona Rota
Textos:

Simona Rota

Teodor Kurz

Edición:

Cibrán Rico López

Simona Rota

Suso Vázquez Gómez

Deseño: desescribir
Páxinas: 108
Tamaño: 191 x 260 mm
Idioma: Inglés / Castelán / Galego
Impresión:
Rotativa. Offset cor
Encadernación: Cosido 'Singer'
Tipografía: Monotype Grotesk
Papeis:

Prensa 60 g/m²

(80º ISO brancura)

Prensa 45 g/m² 

Cuberta: Coiro reciclado  
Imprenta: Galicia Editorial
Encadernadora: Legatoria
ISBN: 978-84-940115-1-1
Notas: Este libro foi publicado co gallo da exposición Ostalgia de Simona Rota que tivo lugar na galería Kursala da Universidade de Cádiz do 30 de abril ao 30 de xuño de 2013.